Saturday 01 de February de 2025

Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 30 de xaneiro de 2025


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 30 de xaneiro, ás 19.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:

 

  1. Aprobación actas anteriores (28 de novembro de 2024, 19 de decembro de 2024 e 14 de xaneiro de 2025).

 

  1. Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.

 

  1. Proposta periodicidade das sesións plenarias. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

 

  1. Proposta-Informe alegacións modificación do ROM. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

 

  1. Proposta acordo plenario REC 01-25. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

 

  1. Proposta Alcaldía POS 2025. Aprobada con 5 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e VIxP) e 8 abstencións (BNG e PP).

 

  1. Moción do grupo municipal BNG relativa á celebración do Ano Castelao. Denegada ao contar con 2 votos a favor (BNG), 6 en contra (PP) e 5 abstencións (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e VIxP).

 

  1. Moción do grupo municipal do PP relativa á limpeza e acondicionamento dos ríos. Aprobada por unanimidade a emenda de engádega presentada polo goberno municipal. Aprobada por unanimidade a moción emendada.

 

  1. Moción do grupo municipal PP relativa ao verquido de hidrocarburo na Ribeiriña. Aprobada por unanimidade a emenda de engádega presentada polo goberno municipal. Aprobada por unanimidade a moción emendada.

 

  1. Moción do grupo municipal do BNG relativa ao proxecto de apertura da explotación mineira de Touro e O Pino. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

 

Deseguido, abordouse a quenda de rogos e preguntas. Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Deja un comentario