Saturday 01 de February de 2025

Falece unha persoa pola colisión dun tractor e un vehículo na parroquia de San Miguel de Vilela, en Carballo


Os bombeiros do parque provincial de Carballo foron requiridos pasadas as 19:00 horas de onte, xoves 30 de xaneiro, para tomar parte nun operativo provocado entre un turismo e un tractor en San Miguel de Vilela, no concello de Carballo.

Ao chegar ao lugar da incidencia proceden á liberación do corpo da persoa que operaba o tractor, a cal resultou falecida.

Completaron o operativo Protección Civil, a Garda Civil e o 061.

Deja un comentario