Saturday 01 de February de 2025

A natureza captada por Ramón Encisa chega á casa da cultura pobrense en formato de exposición


O obxectivo de Ramón Encisa captura a esencia pura da natureza e chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler.

A mostra Fotonatureza está integrada por unhas noventa instantáneas, ademais de algún material fotográfico antigo, que se poderán visitar durante todo o mes de febreiro. Une a súa paixón pola fotografía e a natureza para transmiti-la beleza que nos rodea e concienciar, de maneira visual, sobre a importancia de coidar e protexe-las nosas contornas. Encisa acadou o terceiro galardón nos concursos fotográficos de micoloxía correspondentes ao 2021 e 2024 impulsados polo Concello da Pobra do Caramiñal con motivo das xornadas micolóxicas.

No acto inaugural que terá lugar no venres, 7 de febreiro, ás 19.00 horas, intervirán o propio fotógrafo e o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro.

O acceso é libre ata completa-la cabida da dita instalación municipal.

Deja un comentario