
Veciños e veciñas de Iñás comunicaron ao Concello que recibiran unha chamada telefónica por parte dun individuo solicitando cita para analizar a calidade de auga nos seus respectivos domicilios. Nin o Concello nin a empresa municipal de auga Aquaoleiros teñen nada que ver con estas chamadas.
Desde o Concello recoméndase a toda a veciñanza que extreme as precaucións ante a posibilidade de que se trate dalgún tipo de estafa ou un intento de acceder aos domicilios con outros fins delitivos.