Thursday 30 de January de 2025

O concello concorre á convocatoria de axudas para actuacións en materia de xestión de residuos


O propósito é adquirir un novo camión para o servizo de recollida a domicilio de voluminosos e equipamento para a o punto limpo trala súa ampliación.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse que o Concello solicitará a participación na convocatoria de subvencións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para actuacións en materia de residuos de competencia municipal.
O Concello concorre a dúas liñas de axudas. Unha delas ten por finalidade a adquisición dun camión de carga para mellorar, reforzar e optimizar o servizo de recollida domiciliaria de voluminosos que está a disposición da cidadanía de xeito gratuíto.

A solicitude da outra liña céntrase no equipamento do punto limpo. Esa instalación municipal está a ser obxecto dun proxecto dirixido a incrementar os espazos e aumentar os servizos. O novo ámbito será dotado con contedores de grandes dimensións para o depósito dos diferentes tipos de residuos, e precisamente o Concello concorre a esta liña de subvencións para o cofinanciamento dese equipamento.

O orzamento total entre ambas iniciativas alcanza os 100.000 euros.

Deja un comentario