O Concello de Ordes dá por concluído o curso de poda en todos os grupos, o cal se veu realizando ao longo destas últimas semanas. Unha convocatoria que novamente contou cunha ampla taxa de participación, superando as trinta persoas inscritas. Ademais de coñecementos teóricos tamén se impartiron clases prácticas nas que se aprenderon a facer distintos tipos de enxertos como os de fendedura, coroa, inglés ou xema.