O Concello de Neda vén de licitar os traballos de obtención da cartografía dixital de todo o municipio. Trátase dun paso esencial de cara a dotar por fin á localidade dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), un obxectivo do goberno local.
Segundo figura no prego de condicións técnicas, o contrato consistirá esencialmente na produción e entrega en formato dixital, preparado para a súa obtención en Sistemas de Información Xeográfica, da cartografía (mapas a distintas escalas) de todo o termo municipal, a partir de los fotogramas obtidos durante un voo fotogramétrico contratado a finais do 2023.
Trátase de dispor dun marco espacial actualizado, coherente xeometricamente e a unha escala cun grao de detalle suficiente para a toma de decisións relativas á delimitación das clases e categorías do solo.
A administración local investirá un máximo de 24.000 euros (IVE incluído) neste contrato, que terá un prazo de execución de catro meses. As empresas interesadas en facerse co contrato poden presentar ofertas ata o 4 de febreiro.
Contar coa cartografía permitirá seguir dando pasos de cara a execución do PXOM, unha ferramenta esperada para o desenvolvemento sostible do municipio, e deixar atrás as Normas subsidiarias de planeamento, que datan do 1992.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.