O obradoiro de emprego de atención sociosanitaria finalizou hoxe e participaron 22 alumnos e sete docentes
O alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, o alcalde de Sada, Benito Portela, e o director xeral de Orientación Laboral, Alfonso Marnotes, pecharon hoxe o obradoiro de emprego solicitado polos concellos de Cambre e Sada de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA e impartido no centro de formación de Espíritu Santo. Durante seis meses o centro formou e empregou a 29 persoas (22 alumnos e 7 técnicos docentes). Os datos que arroxa o obradoiro son moi esperanzadores. Sete dos alumnos atoparon traballo mentras se formaban no obradoiro, ainda que non rematara.
Nos tres últimos anos este mesmo obradoiro que forma a persoas na Atención a persoas dependentes en institucións sociais deu uns bos resultados de inserción laboral. Máis do 60% dos alumnos e alumnas do taller desta especialidade atoparon traballo tras finalizar as súas prácticas. García Patiño s refiriuse ao traballo conxunto levado a cabo por ambos concellos. “Das 22 alumnas/os seis xa atoparon traballo e iso que ainda non rematou oficialmente o taller de emprego, o 30% xa teñen un posto de traballo. Tres deles están nos centros onde fixeron as prácticas e outros tres a través da orientadora do obradoiro. Debemos celebrar o gran éxito deste taller de emprego e temos que seguir apostando por este tipo de inicitivas para loitar contra o desemprego“, destacó García Patiño.
Segundo o alcalde cambrés, atender a persoas dependentes en institucións sociais é unha tarefa complexa para a que non todas as persoas están preparadas, precisa necesariamente de aplicar as estratexias deseñadas por especialistas e de aplicar procedementos para manter e mellorar a autonomía persoal destas persoas e as súas relacións coa contorna. “É un traballo duro, pero estou convencido de que tamén é un traballo que recompensa aos profesionais que o levan a cabo”, indicou.