A Fundación Incyde e o Concello de Ribeira poñen en marcha a xornada “Facturación Electrónica e Acceso á Plataforma do Sector Público” .
Trátase dunha xornada presencial e gratuíta onde se tratarán as seguintes temáticas: introdución, marco normativo e implementación da facturación electrónica, seguridade e protección de datos, optimización de procesos administrativos, acceso á plataforma de contratación do sector público e marco normativo da contratación pública.
Será impartida por Begoña Costa, economista, máster en dirección e xestión de RRHH e socia fundadora de C&B asociados. A docente conta cunha dilatada traxectoria en consultoría, asesoría e emprendemento, como mentora especializada en finanzas, fiscalidade e financiación de proxectos, ademais de como mentora de proxectos emprendedores.
Esta xornada terá lugar o luns 24 de febreiro, de 16:00 a 18:00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas e as persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario de Google Forms (estará colgado na web do Concello de Ribeira) ou presencialmente na OAC ou no Viveiro de Empresas do Concello de Ribeira.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.