Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta tarde á DP-3301 no PK 1 no lugar de As Cortes, no Concello de Rianxo, para realizar a limpeza dunha mancha de aceite ocasionada pola colisión dun camión e un turismo.
O paso de vehículos estendera a mancha, que urxe limpar xa que se trata dunha curva perigosa.
O camión implicado foi retirado polo Concello de Rianxo, e a colisión provocou tamén a rotura do peche dunha vivenda na rúa As Cortes.
Completaron o operativo a Policía Local de Rianxo e a Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.