Friday 22 de November de 2024

Mónica Cores recolle o premio do concurso ‘Rosalía verso a verso’ de mans do presidente da Mancomunidade


Mónica Cores Vázquez, natural da parroquia de Santa Cruz de Montaos, resultou a gañadora do concurso ‘Rosalía verso a verso’. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Roberto Rey, acompañado da responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Irene Bravo, fixéronlle entrega do premio consistente nun lote de libros e material audiovisual da gran poeta galega. ‘Unha vez tiven un cravo’ da obra ‘Follas novas’ foi o poema escollido pola gañadora para facer unha videomontaxe á que ela mesma lle puxo voz. Unha peza que obtivo unha moi boa acollida por parte dos seguidores ao votala máis de 130 deles e delas.