Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron solicitados tanto ao longo da tarde de onte, 27 de xaneiro, como desta mañá, para participar en diversos operativos provocados por árbores des prendidas.
O primeiro deles foi notificado pasadas as 21:20 horas e nel, os bombeiros provinciais tiveron que retirar unha árbore que cortaba a circulación nos dous sentidos da N-547, ao seu paso pola parroquia de Furelos, no concello de Melide.
No lugar de Bascuas, na parroquia arzuá de Rendal, os bombeiros provinciais participaron nun dobre operativo ; unha incidencia foi provocada pola caída dunha árbore que cortou por completo a circulación e outra polo desprendemento dunha árbore que levou consigo o tendido eléctrico e cortou o tránsito na estrada.
Finalmente, esta mesma mañá foron mobilizados para proceder á retirada dunha árbore caída sobre o Camiño de Santiago no lugar da Pena, na parroquia melidense de O Barreiro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.