­
Friday 21 de February de 2025

Comunicado PP Sada


Sr.Portela e señora Taibo, Non pensan vostedes en DIMITIR ? “ Por dignidade e por responsabilidade política debería renunciar”, esixían no seu momento ,tanto Sadamaioría como o BNG ao entón concelleiro Ernesto Anido, tras a apertura de xuízo por prevaricación e facendo referencia ao código ético do Partido. Declarando nos medios que manterse no cargo era “un insulto á cidadanía” Benito Portela e o seu partido Sadamaioria neses comunicados, convidaban aos populares a expulsar ao concelleiro acusado do grupo municipal se este non presentaba a súa dimisión como membro da Corporación sadense. Hoxe é o señor Portela e a señora Taibo os que están a espera de xuízo oral ao ser acusados non un por un delito, se non por dous,un de prevaricación e outro de infidelidade na custodia de documentos que neste caso conlevan a maiores penas de cárcere. A Fiscalía decidiu presentar escrito de acusación contra o alcalde de Sada, Benito Portela (Sadamaioría), como suposto autor de ambos os delitos, por iso pide que sexa condenado a 3 anos de prisión e 18 de inhabilitación para exercer cargo público algún. A entón concelleira de Seguridade Local, Pilar Taibo Fernández, enfróntase tamén a tres anos de cárcere e a 5 anos de inhabilitación.

E agora que ?

Consellos vendo que para min non teño…

Non teñen código ético?

Ou só téñeno cando lles convén?

Sexan coherentes e por respecto aos sadenses DIMITAN XA!