Tuesday 22 de April de 2025

Mercedes Rosón propón institucionalizar a homenaxe a Isaac Díaz Pardo do 5 de xaneiro


▪ “Díaz Pardo como intelectual, artista, empresario e ac9vista cultural dedicou a súa vida a preservar e difundir a identidade galega amosando un enorme vínculo afec9vo coa nosa cidade que temos que agradecer a través da memoria” defende

▪ Os catro grupos da Corporación Municipal subscribirán a proposta en forma de declaración institucional

O Grupo Municipal Socialista sacará adiante no pleno deste xoves unha declaración institucional subscrita polas catro forzas con representación en Raxoi para darlle carta oficial á homenaxe a Isaac Díaz Pardo do 5 de xaneiro. Unha homenaxe que convive coa ofrenda ao escritor e dramaturgo, Ramón María del Valle-Inclán.

O acto de lembranza a Valle-Inclán provén, precisamente, dun acordo de 1985 adoptado no pleno da Corporación Municipal a proposta de Luis Pasín. Agora, seguindo a mesma fórmula que empregou naquela altura o ex-concelleiro, Mercedes Rosón propón ins9tucionalizar tamén a homenaxe que se realiza tamén a Díaz Pardo logo de que, no ano 2012, falecera tamén un 5 de xaneiro, coincidindo coa data de pasamento de ValleInclán.
“Díaz Pardo como intelectual, ar9sta, empresario e activista cultural dedicou a súa vida a preservar e difundir a identidade galega” explica Rosón que destaca ademais o “vínculo afec9vo” que amosou “durante toda a súa traxectoria vital” con Compostela, cidade na que naceu e que, desde o 2020, o lembra cunha escultura homenaxe na Alameda.

A edil socialista lembra precisamente que esa escultura a Díaz Pardo foi “a derradeira pegada” do artista César Lombera en Compostela, recoñecendo este luns tamén a traxectoria do escultor que faleceu o pasado domingo.

Sobre a declaración institucional para darlle carta oficial á homenaxe a Díaz Pardo, conclúe Rosón, busca o compromiso “firme” do Concello de Santiago para garan9r a organización do acto de maneira “oficial e permanente”, outorgándolle a “visibilidade e relevancia que corresponde á súa figura”.