O plenario municipal aprobará o vindeiro xoves 30 de xaneiro a participación do Concello de Oleiros no Pan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2025.
Ademais do financiamento de gastos correntes por importe de 795.560,86€ co obxectivo de financiar unha parte da limpeza viaria municipal, que no Concello de Oleiros ascende a 1.058.995,91 € de gasto anual; a Deputación provincial financiará investimentos por valor de 772.162,01€ que irán destinados á renovación da tubaxe de abastecemento na Avda. Francisca Herrera (tramo Quinta Canaima-Rotonda da Pezoca). Esta importante obra ten un custe total de 886.913,89 € (772.162,01€ achega provincial + 114.751,88€ achega municipal).
No que atinxe ás obras, dentro do Plan Complementario 2025; o Concello de Oleiros incluirá a renovación dos tramos de baixada e impulsión do depósito redondo de Edreira desde a rúa do Pazo por importe de 281.354,60 € e que sería financiado integramente con fondos da Deputación Provincial.
Por outra banda, aprobarase tamén a denominada Axenda 2030; o documento estratéxico de acción do Concello de Oleiros para os vindeiros anos respondendo ás directrices marcadas pola ONU.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.