Wednesday 29 de January de 2025

Preto de 200 persoas participaron na terceira edición da Zumba Class Solidaria, celebrada no pavillón municipal do Forte


Preto de 200 persoas déronse cita este sábado pola tarde no pavillón municipal do Forte de Boqueixón para participaren nunha Zumba Class Solidaria, unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón diante do éxito acadado polas dúas primeiras edicións no ano 2023.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, agradeceu a colaboración solidaria das persoas participantes, que achegaron numeroso material de hixiene persoal e do fogar, así como dos distintos establecementos comerciais que colaboraron coa iniciativa, cedendo agasallos que foron sorteados entre as persoas presentes. Un público de diferentes idades e que desfrutou coas distintas coreografías preparadas para a ocasión por oito monitoras de zumba procedentes tanto de Boqueixón como doutros municipios da contorna.

A masterclass de Zumba tivo lugar durante algo máis de dúas horas nas instalacións do pavillón municipal do Forte. Unha iniciativa xurdida da iniciativa de persoas da actividade de zumba das escolas deportivas municipais no ano 2023 e que foi recollida e organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón dende o ano pasado.

A xornada rematou co sorteo de agasallos entre todas as persoas participantes cortesía de empresas locais como Talleres González (Camporrapado), Ferretería Torres (Rodiño), Queixería Bo-Queixo (Orto), Librería Lino (Lestedo), Supermercado Casa Castro (Lamas) e Supermercado Spar (Camporrapado).

Deja un comentario