● A artista, natural de Camelle, e o pianista Aurelio Viribay poñerán a banda sonora ao evento co seu espectáculo ‘Cantares Atlánticos’.
Un dos anuncios que a expedición do Concello de Camariñas, encabezada pola alcaldesa, Sandra Insua, fixo na Feira Internacional de Turismo (FITUR) foi o da presenza da recoñecida soprano Soledad Vidal, natural de Camelle, na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
A artista, xunto ao pianista Aurelio Viribay, poñerá a banda sonora ao evento co seu espectáculo ‘Cantares Atlánticos’. A través da poesía galega e de imaxes evocadoras, as cancións -como “María Soliña” ou “Lela”- van trenzando diferentes historias de superación. O público acompañará ós intérpretes nunha viaxe conmovedora na que se fai homenaxe a todas esas mulleres que, máis alá da dor e a perda, constrúen as súas vidas con valentía; o retrato dunha Galicia, dun pobo que é capaz de mirar a súa sombra, a súa “Negra Sombra”, para poder celebrar a vida.
Soledad Vidal explica que “ o mar da Costa da Morte debuxa o noso litoral coa forma dun encaixe de Camariñas como unha auténtica palilleira. Ese mesmo “Mar de Piques” é o motor e inspiración da nosa música”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.