Monday 27 de January de 2025

A rúa Mendiño de Ribeira renóvase con plataforma única e espazos verdes


Esta semana concluíron as obras de renovación da rúa Mendiño, unha actuación que supuxo un investimento de 109.122 euros, financiadas con fondos Next Generation.

Na intervención renováronse de forma integral todos os servizos de saneamento, pluviais e abastecemento de auga potable. Ademais plantáronse árbores que contribúen ao embelecemento da cidade no marco do plan de reverdecemento urbano. Desta forma, atendendo ao número de establecementos situados nesta contorna, mellórase e poténciase esta zona comercial.

Un novo paso de cara ao novo modelo de cidade

Dende o Concello de Ribeira preténdse avanzar cara ao novo modelo de cidade máis humana, accesible e transversalmente máis verde.

A actuación en Mediño, rematouse coa colocación da ornamentación vexetal e nos vindeiros día poñerase o mobiliario urbano.

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez, a actuación consistiu en facer plataforma única con preferencia ao tránsito peonil que se extenderá dende a actual rúa Mendiño cara a praza Uxío Novoneyra pero tamén cara á rúa Otero Pedrayo e conectará coa Praza do Centenario. A isto sumarase tamén a plataforma única proxectada dende a Praza do Centenario cara á rúa Avesadas, xerando un espazo a modo de “adro” para o edificio do auditorio. Por outra banda tamén destacou que nas próximas semanas mellorarase o tránsito de vehículos coa apertura darúa Barbanza que aliviará o fluxo do tráfico en Rodríguez Bautista e habilitaranse tamén novas prazas de estacionamento e árbores.

Para o rexedor estas actuacións integrais facilitan o tránsito peonil para que a veciñanza e a rapazada poida ir máis segura e ademais ponse en valor algunhas rúas de Ribeira que estaban degradadas.

Deja un comentario