Monday 27 de January de 2025

Inundación dunha discoteca no concello de Santa Comba


Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba participaron pasadas as 22:00 horas de onte, 24 de xaneiro, nun operativo provocado pola inundación da discoteca Fortaleza, en Santa Comba.

A inundación, debida ás inclemencias meteorolóxicas derivadas do temporal, anegou por completo a pista central da discoteca, cun nivel de auga duns 60 cm.

No operativo, os bombeiros provinciais fixeron emprego de tres electrobombas para que achicase a auga acumulada. Unha vez comprobadas as medidas de seguridade deuse por rematado o servizo.

Deja un comentario