Friday 24 de January de 2025

O Concello pon en marcha unha oficina de asesoramento e xestión das subvencións para festas nos barrios


As entidades serán acompañadas durante o proceso por persoal da Concellaría de Cultura e Turismo e o IMCE

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura e Turismo e o IMCE, pon en marcha unha oficina de asesoramento e xestión das subvencións para festas nos barrios para este 2025. Esta iniciativa forma parte das novas achegas impulsadas polo Goberno de Inés Rey ás que as entidades veciñais poderán concorrer este ano, cun máximo de 20.000 euros por asociación e celebración. A inversión total prevista polo Concello elévase a 500.000 euros, ademais do apoio loxístico que preste o propio consistorio ás entidades.
“O noso obxectivo con esta iniciativa é facer aínda máis sinxelo e simple o novo modelo de festas, que permitirá ás asociacións ter unha maior participación nestas celebracións”, indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. As entidades que o desexen poderán ser asesorados por persoal do IMCE e da Concellaría de Cultura e Turismo.

Nos vindeiros días está previsto que se publique no Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases para que as entidades veciñais poidan concorrer a estas axudas públicas. “Tal e como explicamos na última reunión ante as asociacións, o único requisito que precisarán para optar a esta subvención é un proxecto e unha memoria das celebracións, documentos que xa viñan presentando ata o de agora”, sinalou Gonzalo Castro.
O Goberno de Inés Rey, con este novo sistema de axudas as entidades para a realización das festas de barrio, busca tamén aumentar a transparencia na xestión dos recursos públicos destinados a ditos festexos, á vez que da maior liberdade a cada asociación para aconfiguración das súas festas, ademais de contribuír a facilitar a planificación de cada entidade organizadora.

Deja un comentario