Este domingo 26 péchase o prazo ordinario, coa tarifa máis reducida. O último día habilitado para inscribirse na proba será o 4 de febreiro
Avanza a conta atrás cara á celebración do medio maratón Coruña21, que chega á súa XVII edición sendo xa un clásico do calendario deportivo anual na cidade e congregando a milleiros de participantes.
Nestas últimas semanas, máis de 1.400 persoas xa formalizaron a súa inscrición na proba, que terá lugar o vindeiro 9 de febreiro, cun percorrido que sairá desde o Obelisco e, a continuación, pasará por Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e os peiraos, para, deseguido, bordear as praias de Riazor, Orzán e o Matadoiro, paso previo ao treito final por Santo André e Porta Real ata a chegada a meta, novamente no Obelisco.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, lembrou hoxe que o prazo ordinario para inscribirse remata este domingo 26 de xaneiro, ás 23.59 horas, e que a inscrición ten un custo de 20 euros. O seguinte prazo de inscrición quedará aberto xa desde o vindeiro luns 27, ata o día 2, a 30 euros. Xa no prazo extraordinario, os días 3 e 4 de febreiro, na antesala da carreira, as persoas que desexen inscribirse poderán facelo a unha tarifa de 40 euros.
Vázquez informou, ademais, que nos vindeiros días daranse a conocer ás e aos atletas que participarán na proba, así como as camisetas desta nova edición do medio maratón.
Cómpre lembrar que toda a información, así como o formulario de inscrición, están dispoñibles na páxina web de Carreiras Galegas.
A inscrición na 5K xa supera o milleiro de persoas
Como xa é habitual, a C21 irá acompañada polo desenvolvemento dunha proba de 5 quilómetros na que xa están inscritas máis dun milleiro de persoas. Todas e todos os participantes poderángozar do ambiente do medio maratón e, de paso, aclimatarse ás distancias habituais do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comezará a mediados do mes de marzo.
Tal e como informou a alcaldesa a semana pasada, na celebración da gala Coruña Corre, a XII edición do circuíto arrincará coa disputa da carreira popular da Torre de Hércules, que terá lugar o 15 de marzo e servirá tamén para conmemorar o 8M cunha andaina solidaria.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.