Friday 24 de January de 2025

O Concello de Ribeira comeza a repartir os composteiros Ribeira 24 de xaneiro


Hoxe pola mañá déronse cita na nave municipal de Urbaser na Fieiteira, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, xunto con Silvia Calaza representante da empresa de xestión ambiental Ancaria.

No acto de hoxe produciuse a achega de 140 composteiros, a día de hoxe xa hai 240 solicitados por parte da veciñanza dos 300 que se van a repartir.
A concelleira informou que xa se vai a comezar ca achega destes 140 composteiros por data de rexistro “vanse a repartir de forma individual e imos a chamar un por un para entregalo persoalmente en cada domicilio solicitante no que tamén se lle informará polo miúdo do funcionamento do mesmo”, Antía fixo referencia a “que hai persoas que o solicitaron máis dunha vez, pode ser un erro á hora do trámite en liña; pero en principio, imos a repartir un por cada domicilio, si despois vemos que sobra algún composteiro, pois se habilitará a fórmula para repartir un segundo”.

Se entregarán folletos informativos coa achega do composteiro e tamén se os usuarios o demandan se fará unha charla informativa.

O Concello de Ribeira procura, con esta acción, que a longo prazo se reduza o residuo total polo que suporá un menor custo do servizo de recollida de lixo para a veciñanza.

Deja un comentario