∙ “É intolerable que uno dos emblemas do concello permaneza máis tempo neste estado. Habemos de recuperar esta xoia histórica e cultural de Culleredo”, demandan os populares.
∙ A recuperación do parque que rodea a Torre, así como retomar as visitas culturais ao monumento en canto realícese a súa rehabilitación, outras das propostas que os populares levarán ao pleno do martes 28 de xaneiro.
O Partido Popular de Culleredo levará ao próximo pleno a rehabilitación do único elemento patrimonial do concello en ostentar o título de Ben de Interese Cultural (BIC). A emblemática Torre de Celas.
La Torre, orixinaria do S. XIV, “é, xunto coa ponte romana do Burgo, o ben patrimonial máis importante de Culleredo. Todo un símbolo do concello presente en trofeos e condecoracións e situado nunha zona privilexiada entre o Val de Veiga e o Monte Xalo”, sinala o concelleiro popular responsable desta proposta, José Antonio Golpe Faraldo.
Foi en 1994 cando, tras unha rehabilitación levada a cabo pola escola taller Ponche do Burgo, foi declarada Ben de Interese Cultural e aberta ao público como museo etnográfico e sala de exposicións. “podendo así gozar veciños, escolares e visitantes dun patrimonio cultural importantísimo que é aceno de identidade do noso concello”, asegura o edil popular.
Con todo, co paso dos anos, desde o goberno municipal “foise abandonando o mantemento e conservación deste ben patrimonial ata o punto de que, tras a chegada á alcaldía de José Ramón Rioboo, pechouse ao público e abandonouse por completo”, sinalan os populares.
Un abandono que puido constatar nunha recente visita o propio concelleiro, Golpe Faraldo, ao interior da Torre. “Simplemente desolador”, lamenta. “É imposible pasar da planta baixa porque as escaleiras case nin existen, e as poucas que quedan están carcomidas do mesmo xeito que restos de mobiliario. Verdín polas paredes pola constante humidade da auga que filtra pola claraboya e que entra polas xanelas rotas. Os maniquíes que antigamente portaban vestimentas tradicionais, adivíñanse na segunda planta, nun estado lamentable”.
Ante este “auténtico desprezo cara aos bens culturais de Culleredo, presentamos unha moción para elaborar un proxecto de rehabilitación total da Torre e a súa contorna. Recuperar para os veciños, pero tamén para o resto de visitantes, o noso legado histórico, cultural e patrimonial. Que a Torre de Vinxeira Pequena volva recibir visitas de escolares e asociacións e que sexa, de verdade, ese referente de lecer ao aire libre que todos desexamos”, recalca J.A. Golpe Faraldo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.