A delegada territorial da Xunta participou na presentación de El Camino Marítimo de la Ría de Muros Noia, organizada polo xeodestino ría de Muros e Noia
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na presentación El Camino Marítimo de la Ría de Muros Noia, enmarcada na programación do stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo Fitur 2025. Na súa intervención subliñou que “o Camiño Marítimo da Ría de Muros-Noia non é só un roteiro de peregrinación; senón que tamén se está convertendo nun alicerce para que a comarca do Barbanza aproveite o seu potencial cultural, natural e económico, consolidándose como un destino crave no contexto do turismo xacobeo”. A delegada animou a todos “a seguir sumando forzas para que este roteiro continúe sendo un símbolo de unión, de historia e de esperanza”.
Belén do Campo referiuse tamén ao seu traballo exemplar en varias liñas de actuación como a promoción turística, dando a coñecer o Camiño Marítimo; a mellora das infraestructuras, con intervencións para acondicionar os portos, sinalizar as rutas e garantir unha experiencia segura e enriquecedora aos peregrinos e a aposta pola sustentabilidade preservando a contorna natural e fomentando un turismo respetuoso con esta ría e os seus veciños.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.