O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta está en Madrid asistindo a Fitur como concelleiro de Turismo e o pasado martes como concelleiro de Novas Tecnoloxías compareceu á convocatoria do Pleno da Rede Innpulso presidido pola Ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant.
A Rede Innpulso é un foro de encontro e de definición de políticas locais innovadoras onde se comparten boas prácticas na xestión desas políticas e iniciativas de comunicación para trasladar estes proxectos á cidadanía. Ribeira forma parte xunto con outras 90 cidades do estado.
No pleno aprobouse o seguinte:
1. Aprobación do Rof (regulamento organización e funcionamento da rede) por unanimidade.
2. Se aprobou o plan de traballo 2025, se dividirá en:
– 4 grupos de traballo de cidades laboratorio, Ribeira está no grupo de espazos de experimentación
– A rede fará diversos “webinars” para obter financiamento nacional e europea ao longo do ano.
3. Programa de Innovación para a Resiliencia Climática:
O concello sumásese para traballar no grupo de resiliencia climática, o seu obxectivo é axudar aos municipios afectados pola Dina de Valencia, e levar a cabo as actuacións necesarias para obter unha preparación para futuro.
Colaboran o Ministerio, o Consello Superior de Investigacións Científicas, (CSIC), JRC (Join Reserch Center), a UNAD, Oficina Nacional de Asesoramento Cientifico (ONAC), a ŕede Innpulso, a Universidade de Valencia e Universidade Politécnica de Valencia”.
Suárez-Puerta manifestou “este programa parécenos especialmente importante e o concello poñerá tódolos medios posibles para colaborar nel” e engadiu
“Ribeira aposta pola innovación e grazas a formar parte da rede Innpulso poderemos ir incorporando melloras para Ribeira”, concluíu.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.