Friday 24 de January de 2025

A Xunta transfere 10,9 M€ de fondos europeos ao Concello da Coruña para un proxectona planta de residuos de Nostián


Esta mañá comunicouse oficialmente a resolución ao Goberno municipal, despois de que se autorizara a xeración do crédito correspondente por parte da Comunidade

A Xunta de Galicia acaba de transferir unha partida de 10,96 millóns de euros ao Concello da Coruña procedente dos fondos europeos do Plan de recuperación e resiliencia aprobado a raíz da Covid-19.
Esta partida vai dirixida a financiar un proxecto municipal para a adecuación e renovación das instalacións da planta de residuos de Nostián, actuación que presentou o Goberno local no seu día para optar ao financiamento do Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (Perte) de economía circular.
O acordo oficial sobre os fondos asignados a este proxecto adoptouse na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente do 24 de xullo de 2024 e meses despois o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ingresou no Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia o importe correspondente.
Unha vez tramitada a modificación orzamentaria necesaria e despois de que se autorizara a semana pasada a xeración de crédito correspondente, a Xunta acaba de proceder a realizar a transferencia de fondos ao Concello da Coruña e a notificarllo mediante a resolución correspondente.
Neste sentido, o Goberno galego cumpre coa encomenda de facer efectivo o traspaso dos 10,96 millóns de euros ao Executivo local coruñés para que poida executalos no proxecto elixido polo Ministerio no marco do PERTE Circular.

Deja un comentario