A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, presentou o vídeo da campaña “Compostela con Tempo. Santiago con todo”, co que comeza unha campaña na que o longo do ano iranse descubrindo novos “episodios”.
A concelleira, Míriam Louzao, e a xerente de Santiago Turismo, Flavia Ramil recolleron esta mañá o 2º premio á ‘mellor visibilidade de destino SICTED en medios’ para Compostela
Intervención da alcaldesa durante a presentación
A concelleira, Míriam Louzao, e a xerente de Santiago Turismo, Flavia Ramil recolleron esta mañá o 2º premio á ‘mellor visibilidade de destino SICTED en medios’ para Compostela
Intervención da alcaldesa durante a presentación
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, presentaron hoxe en Fitur a nova campaña para promocionar Compostela como destino turístico, que está concebida como unha campaña de longa duración que contará con diversas fases e que parte da idea de que “o tempo é o futuro do turismo de calidade”, segundo sinalou a rexedora.
Goretti Sanmartín lembrou os importantes datos de demanda turística dos anos 2023 e 2024, que superaron incluso os datos do último Ano Santo 2022, amosando que o atractivo turístico da cidade vai máis alá do fenómeno Xacobeo. Neste contexto de consolidación de Compostela como destino maduro, destacou que é preciso levar a cabo un cambio do modelo turístico.
Este cambio do modelo turístico pode resumirse en dúas ideas: “desacelerar” e “conectar”. Desacelerar, para que os números deixen de contar simplemente cantidades que crecen ano a ano e pasen a medir otras variables de maior valor, como a estadía media. E conectar, para desmarcarse das visitas apresuradas, que simplemente buscan unha colección de lugares fotografiados.
A partires desta ideas, elaborouse a campaña “Compostela con Tempo. Santiago con todo”, pensada precisamente para dirixirse a un tipo de persoa viaxeira, que planifica as súas viaxes para coñecer os destinos en profundidade, a través da súa cultura e identidade, indo máis alá desa búsqueda de estereotipos.
Neste marco, a alcadesa destacou que “Compostela con tempo. Santiago con todo” non é só unha campaña, senón que é unha declaración de principios que sintetiza o posicionamento de Compostela como destino preocupado por cuestións como o turismo de calidade e sustentable, a ampliación da estadía media das persoas que nos visitan, a desestacionalización ao longo do ano e a descentralización por todo o termo municipal.
Pola súa banda, a concelleira de Turismo, apuntou que, entre os desafíos que implica o cambio do modelo turístico, está tamén o cambio no xeito de comunicar dende os destinos. Así, lembrou que o ano pasado presentouse tamén en Fitur a campaña Fráxil, unha campaña de concienciación que tiña como obxectivo traballar por un modelo turístico de calidade no que se harmonicen os fluxos turísticos e a vida cotiá da veciñanza.
Míriam Louzao explicou que o turismo que se busca dende Compostela leva o selo da planificación, do coñecemento, da posta en valor da singularidade de cada lugar, e da cultura e identidade locais. Así, a campaña “Compostela con tempo. Santiago con todo”, que sigue nesa liña da búsqueda dun sistema harmónico entre persoas que visitan a cidade e veciñanza, fai referencia a idea de que se veña a Compostela con calma para coñecer o amplo abano de posibilidades que ofrece a cidade.
A concelleira tamén precisou que esta campaña non se reduce á presentación dun vídeo en Fitur, senón que vai moito máis alá. A idea é desenvolver unha campaña de longa duración con diferentes “episodios” en distintos momentos do ano para ir consolidando a mensaxe que se quere lanzar dende Compostela como destino turístico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.