A edil socialista destaca da traxectoria o traballo de “investigación e conservación” do traxe tradicional “ata converterse nun motor cultural moi ligado a Santiago”
Rosón e Muíños reuníronse coa presidenta e vicepresidente da Asociación, Consuelo Vázquez e Aurelio Gianzo
Neste 2025 cumpre tres décadas de traxectoria a Asociación do Traxe Galego que nacera en xaneiro de 1995 baixo a presidencia da pintora María Xesús Reboredo. Durante estes 30 anos, a asociación fixo un “importantísimo traballo na posta en valor dos nosos traxes como testemuña da sociedade galega e do seu xeito de vida”. Así o defende Mercedes Rosón que reclamará no pleno da vindeira semana que o Concello se sume á conmemoración deste aniversario.
“As nosas raíces e o noso pasado tamén están representados no traxe” insiste a edil socialista que, xunto con Gonzalo Muíños, vén de reunirse coa presidenta e vicepresidente da asociación. Así, Mercedes Rosón, pide ao execuRvo de Sanmartín que coopere coa Asociación no financiamento ou desenvolvemento dos disRntos actos e actividades que esta ten programadas no seu trixésimo aniversario.
Rosón recalca que se trata dunha enRdade “de referencia en Santiago” cun amplo abano de actividades promovidas para a divulgación e posta en valor do patrimonio cultural galego: “charlas divulgativas, obradoiros, o Premio Antonio Fraguas, un grupo de música… é unha asociación de referencia non só a nivel investigador senón a nivel social e debemos sumarnos á celebración por contar durante estas tres décadas cunha organización que mantén vivo o legado cultural que se asenta sobre as nosas roupas tradicionais” conclúe.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.