O pasado 15 de xaneiro os partidos que conforman o Goberno presentaron por rexistro unha moción conxunta para incluír no pleno do vindeiro luns 27 cunha serie de medidas orientadas á recuperación da produción de bivalvos nos bancos marisqueiros.
É ben coñecido por toda a poboación da Ría de Arousa que xa fai máis de cinco anos da caída empicada das capturas de bivalvos nos bancos marisqueiros da ría e sobre todo dos bivalvos. Se tomamos como referencia a lonxa de Aguiño no ano 2020 e comparamos co número de capturas do ano pasado; estamos falando de un preocupante descenso de -79,68% (datos de pescadegalicia.gal).
O panorama leva tempo sendo alarmante neste sector estratéxico que depende do sustento de moitas familias directamente e tamén indirectamente en terra.
O concelleiro do Mar e tamén mariscador, Fernando Abraldes informa do día a día do sector e a sensación que lle transmiten é de preocupación e incertidumbre porque non se percebe dende a administración, que exerce as propias competencias, ningún plan integral de saneamento e recuperación sólido que atenda a tódolos actores”, Abraldes sinalou con respecto ao anuncio de onte da consellería no Cetga: “benvido séa pero consideramos que chega un pouco tarde xa que levamos cinco anos con esta situación, non é momento de politizar un problema tan serio, é o momento de xuntar forzas e dende a concellería seguiremos aportando solucións para fortalecer a saúde da Ría e dos veciños e veciñas”.
Con esta moción se instará á Consellaría do Mar que aumenten as axudas ás Confrarías do Municipio de Ribeira coa finalidade de labrar e sementar nas zonas de marisqueo entre outras.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.