A colaboración do concello coas promotoras locais está contribuíndo ao enriquecemento da proposta cultural de Ribeira, se onte se presentaba ao cómico de sona nacional Luis Álvaro, hoxe presentáronse dous espectáculos de primeira liña froito doutra colaboración do concello cunha promotora local, neste caso ca promotora Fercosti.
Á convocatoria asistiron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o promotor local José Antonio Fernández xunto co gran ilusionista, Dani Polo.
A concelleira agradeceu novamente o traballo que están a facer as promotoras culturais locais de contratar novas propostas para Ribeira “con estes espectáculos de gran nivel e calidade que se están presentando nestes días” sinalou Alberte.
Pola outra banda José Antonio Fernández, xerente do grupo Fercosti presentou “Remember Queen” que actuará o vindeiro sábado 15 de febreiro ás 21.00 horas no novo Auditorio. “Remember Queen” é o espectáculo homenaxe ao mítico grupo inglés “Queen” que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa co mellor dobre do mundo Piero Venery.
Tras estar presente un mes na Gran Vía de Madrid estivo presente cun éxito rotundo en máis de 100 cidades durante os últimos anos e presenciada por un millón de persoas.
Os artistas en “Remember Queen” coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na xira de 1986, sendo a última xira de Queen con “Freddie Mercury” en escena.
O promotor engadiu que “esta banda tributo está catalogada como a mellor banda tributo a nivel nacional” e tamén quixo subliñar que “esta banda tributo xa actuou en Ribeira no ano 2022, actuación que deixara unha gran pegada na veciñanza de Ribeira”.
A continuación José Antonio cedeulle a palabra ao ilusionista, Dani Polo que sorprende pola súa xuventude que contrasta cos máis de 10 anos de traxectoria polos escenarios nacionais e europeos.
Dani Polo natural de Melide e premio Nacional de Maxia presentou o seu espectáculo “Euforia” que ven sendo un soño dun neno que de pequeno namorouse da maxia ao ver un mago na T.V.
É un espectáculo de máxia de gran formato onde persoas xorden da nada, levitan no escenario ou se cortan en múltiples anacos…
Os asistentes animaron á veciñanza a asistir a estos dous espectáculos de gran calidade que chegarán a Ribeira o vindeiro mes de febreiro.
Día e hora:
“Remember Queen” sábado 15 de febreiro ás 21.00 h
Dani Polo “Euforia” sabado 22 de febreiro ás 20:00 h
Entradas:
Na web https://entradas.ataquilla.com/ a partir do xoves 23 ás 9:00 h Prezos: de 15,00€* (Ilusionista) e 25,00€* (“Remember Queen”) *gastos de xestión
Venda presencial de entradas na OAC da Casa do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 h
Lugar:
Novo Auditorio Municipal
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.