Wednesday 22 de January de 2025

Festa do waterpolo alevín e benxamín na piscina municipal de Santa Isabel


A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá o campionato de waterpolo que acollerá a piscina de Santa Isabel en categoría alevín o vindeiro sábado 25 de xaneiro.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Luís Ferrer, presidente do Club Waterpolo Santiago; Juan Carlos Brión, presidente da Federación Galega de Natación; Cecilia Cobas, entrenadora responsable das categorías alevín e benxamín; e Xavi Pérez, entrenador do Club Waterpolo Santiago; presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o campionato galego benxamín e alevín mixto de inverno que terá lugar este sábado 25 de xaneiro na piscina municipal de Santa Isabel entre as 09.00 e as 20.00 horas.

Nesta competición participarán nenos e nenas de entre 8 e 12 anos, polo que “é unha oportunidade para podermos gozar como espectadores dos partidos dos máis pequenos e pequenas no que para eles e elas será importante ganar, mais o obxectivo debe ser divertirse”, salientou a concelleira que animou á veciñanza de Santiago a asistir ao campionato e “apoiar o club da cidade, o Waterpolo Santiago” e “apoiar o gran traballo que se fai coa base que acadan ano tras ano moi bos resultados en todas as súas categorías”.

Por primeira vez en Santiago, o campionato desenvolverase nun novo formato máis entretetido no que se contará con dous campos de xogos simultáneos.

Deja un comentario