Hoxe tivo lugar a presentación deste famoso cómico que ven de xirar por diferentes capitais do territorio nacional e que o 7 de febreiro chegará ao Auditorio Municipal de Ribeira grazas ao acordo de colaboración entre o concello e a promotora local de eventos culturais “Aquelarre”.
A presentación estivo arroupada pola concelleira de Cultura, Antía Alberte e o promotor Jandro Ayaso.
A edil manifestou que a programación do Auditorio de Ribeira está composta polas actividades que propón o propio departamento de Cultura e tamén de propostas de carácter privado ou de promotoras culturais; “sempre que se dote dunha calidade e un encaixe na programación deseñada polo propio departamento de Cultura do concello”, afirmou concelleira que aproveitou para dar os parabéns pola iniciativa á promotora “Aquelarre”.
O promotor dou as grazas á concellería de Cultura pola dilixencia en tramitar todo o necesario: “porque se chegou un pouco tarde, tivemos coñecemento que Luis Álvaro estaba en Galicia e fixemos unha xestión moi rápida para poder traela a Ribeira”, afirmou Ayaso e tamén falou do cómico: “consideramos que é unha aposta arriscada porque é un humor que non é para todo o mundo, é inédito pola nosa zona; é un cómico que consideramos que está indicado para xente entre os 20 e os 50 anos”, para rematar Jandro animou á veciñanza a presenciar o espectáculo o vindeiro 7 de febreiro.
Luis Álvaro presenta un “show” único no seu estilo, onde o humor absurdo entrelázase cunha aguda observación da vida cotiá, no que o cómico desprega todo o seu repertorio de situacións inesperadas, xogos de palabras enxeñosas e reflexións que desafían a lóxica, convidando ao público a unha viaxe hilarante pola súa peculiar visión do mundo.
Un explotador de tópicos, capaz de sacar ouro de canteiras que parecían esgotadas. E, máis aló de todas as definicións, un cómico: alguén que nos presta o seu tempo, o seu corpo e a súa voz para que nos desencaixemos as mandíbulas. A el acudiremos buscando non só evadirnos un intre, senón como xesto reivindicativo: canto máis ameazada atópese a liberdade de expresión, máis política haberá no apoio a este humor subversivo.
Día e hora:
Venres 7 de febreiro ás 21.00 h (apertura de portas ás 20.30 h) Entradas:
No concello físicamente e na web https://entradas.ataquilla.com/ cun prezo de 12,00€ máis gastos de xestión
Lugar:
Novo Auditorio Municipal
Duración:
Aproximadamente 60-70 minutos.
Público Obxectivo:
Adultos de todas as idades que gocen do humor intelixente, o sarcasmo e os xiros imprevisibles.
Recomendado para maiores de 16 anos.
Temáticas Principais:
– Absurdo e surrealismo na vida cotiá.
– Situacións inesperadas e o seu impacto.
– Relacións humanas e os seus paradoxos.
– Observacións hilarantes sobre a sociedade
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.