Tuesday 21 de January de 2025

Belén do Campo reúnese co alcalde da Laracha para seguir avanzando nas vías de colaboración entre ambas administracións


A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, reuniuse co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela. No encontro repasaron as necesidades dos centros educativos do municipio, concretamente, dos CEIP Ramón Otero Pedrayo e Alfredo Brañas e do IES Agra de Leboris. Nesta liña, tamén analizaron o proxecto de mellora dos accesos ao CEIP Ramón Otero Pedrayo.

A delegada da Xunta tamén informou da apertura do prazo, mañá 21 de xaneiro, para solicitar as achegas de máis de 770.466€ para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos Centros de Atención á Muller, un servizo co que conta o concello de Laracha. Neste senso, explicou que os CIMS son un recurso fundamental na loita contra a violencia de xénero e na promoción da igualdade entre mulleres e homes.

Os dous representantes públicos coincidiron na necesidade de seguir reforzando os vínculos locais para contribuír ao desenvolvemento sustentable dos municipios galegos.

Deja un comentario