Desde o 1 de febreiro estará aberta unha enquisa dirixida a todos os veciños e veciñas de Oleiros para que valoren e acheguen as críticas que consideren oportunas sobre xestión e os servizos públicos que se prestan por parte do Concello. Poderá accederse a través da web municipal e será anónima.
Para a súa valoración por parte da cidadanía, a enquisa recollerá aspectos tales como o funcionamento dos servizos públicos, a programación de actividades, as instalacións, a atención á cidadanía, a xestión política,…
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.