Monday 20 de January de 2025

Aberto un novo aparcadoiro público no barrio de Pedralonga para o seu uso cidadá


A alcaldesa, Inés Rey, visitou o novo equipamento con representantes veciñais de Pedralonga, Palavea e Eirís

O Concello abriu un novo aparcadoiro público situado a carón da Pasarela de Pedralonga, do lado da Cidade das TIC. A alcaldesa, Inés Rey, visitou o novo equipamento acompañada de representantes veciñais de Pedralonga, Palavea e Eirís. Tamén asistiron o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, así como responsable do distrito 8, José Manuel Lage, a concelleira de Infraestrutura e Mobilidade, Noemí Díaz, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz.

O aparcadoiro conta cun total de 55 prazas pintadas en superficie. Está equipado cun sistema de alumeado público que garante a seguridade e a comodidade dos usuarios. Ademais, conta cun acceso peonil dende a Pasarela.

A alcaldesa explicou que a nova superficie poderá ser utilizada como aparcamento disuasorio, pola súa localización á entrada da cidade e conexión coas liñas 1A e 20. O Goberno de Inés Rey avanza así no compromiso co aproveitamento dos espazos públicos e coa mellora da mobilidade, ofrecendo unha alternativa práctica e funcional para veciños e visitantes.

Deja un comentario