Monday 20 de January de 2025

A Fábrica acolle o xoves o acto de entrega do III Premio Mundiario de xornalismo


A xornalista e política María José Porteiro, autora de varios libros de narrativa, ensaio e biográficos, será condecorada co III Premio Mundiario que se entregará na Fábrica este xoves 23 de xaneiro, ás 20 horas. O xurado outorgoulle a distinción en recoñecemento ao seu destacado labor e compromiso en defensa da liberdade de expresión e a cultura.

No acto, ademais do alcalde, Ángel García Seoane, tomará a palabra o director e fundador de Mundiario, José Luis Gómez, que lle fará entrega a Porteiro da escultura conmemorativa do Premio, obra de Fran Lareo. O evento é público e aberto e contará coa presenza de destacadas personalidades da cultura, o xornalismo, a política e a economía.

Deja un comentario