A mostra de teatro afeccionado da Pobra chega ao seu fin coa terceira das funcións ao abeiro deste ciclo organizado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
“Despedimos esta nova edición da mostra de teatro afeccionado que sirve como escaparate do talento de compañías amateur. Podemos así desfrutar dunha manifestación artística con moi boa acollida na nosa localidade a través do bo facer e compromiso destas asociacións coa dramaturxia”, segundo declara a edil Patricia Lojo.
Teatro das Maniotas, do IES Brión, representará Ibáñez Cabaré no día 26, ás 19.00 horas, no Elma. Aquí introdúcese a historia de Mario Montoro, quen morre á saída do seu traballo no cabaré e todo o mundo está seguro de que foi María, a súa parella. Pero as dúas policías encargadas do caso non se aclaran coas pistas e non son quen de resolve-la investigación. Ao mesmo tempo, os traballadores e traballadoras do cabaré fan as súas pescudas e conviven coa presunta asasina, mentres bailan e cantan cos distintos personaxes que homenaxean ao gran Ibáñez nunha explosión de cor e música.
O acceso é libre ata completa-la cabida.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.