Monday 21 de April de 2025

Saída de vía con dous vehículos involucrados na AG-11, en Boiro


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía na AG-11 en sentido Padrón, á altura do quilómetro 23.

Dous vehículos estiveron involucrados no sinistro, que resultou nunha persoa ferida leve, que foi trasladada ao hospital do Barbanza. Non houbo persoas atrapadas.