Monday 25 de November de 2024

Prazas vacantes para o XVI plan de formación para o emprego


Aposta por un sector tecnolóxicamente punteiro e emerxente como é a formación de Piloto Profesional de Drons (RPAS), e d formación requirida polas empresas como é o caso de Soldadura TIG, Prevención de riscos laborais ou Manipulador de alimentos

Ainda quedan prazas para o XVI Plan de Emprego e Formación programado para este exercicio. O plan pretende complementar a formación ocupacional xa existente vía certificados de profesionalidade, e destaca pola aposta por un sector tecnolóxicamente punteiro e emerxente como é a formación de Piloto Profesional de Drons (RPAS), conducente á titulación oficial emitida pola Agencia Estatal de Seguridad Aérea, seguida de formación requirida polas empresas como é o caso de Soldadura TIG, Prevención de riscos laborais ou Manipulador de alimentos. Por outro lado é fundamental a formación e instrución para unha busca eficaz de emprego por todas as vías e en función das características de cada persoa.

Destaca igualmente a formación para obter os títulos da ESA ou Competencias Clave, necesarios para acceder á cualificación dos certificados de profesionalidade e polo tanto a un emprego de calidade.

Dentro do XVI Plan de Formación quedan vacantes prazas para os cursos siguintes:
– Preparación para exames de avaliación en competencias clave
– Preparación para a obtención do título da ESA
– Posicionamento e busca de emprego 2.0
– Nivel básico de prevención de riscos laborais (60 horas)