O Partido Popular de Sada reuniuse o pasado xoves con representantes das oito parroquias do municipio para escoitar as demandas e suxestións destes colectivos, as cales roldaron ao redor da creación de beirarrúas, limpeza de contedores , mantemento de camiños, mellora da iluminación, seguridade, calidade no servizo da auga, repoñer varandas, “ humanizar” os accesos á praia ou proxectos inacabados como o Centro de Formación de Osedo, entre outras moitas demandas que os populares aseguran trasladarán aos plenos de maneira sucesiva.
Outro obxectivo da reunión, fué informar e asesorar, sobre as axudas da Xunta para as asociacións de veciños que se acaban de publicar.
“ Este é un primeiro encontro, que repetiremos periodicamente e que sumado ás visitas ás parroquias e o “porta a porta”, axudaranos a apoiar e dar voz aos nosos veciños”, afirmou a portavoz dos populares.
“ Unha participación moi significativa, reflexo das moitas necesidades que hai nas parroquias e que o Goberno de Portela é incapaz de xestionar”, concluíu Arias.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.