O Concello sacou a contratación as obras de acondicionamento e pavimento das rúas Vila, Atochas e Campo do Souto en Iñás. O importe destas actuacións é de 503.247 e está previsto que se executen na primavera.
O Concello realiza un investimento constante en mantemento, conservación e mellora das infraestruturas públicas. De maneira inmediata tamén van ser contratadas a renovación da rede xeral de abastecemento de auga na avenida Salvador Allende en Vilanova (450.332 €), a renovación da rede xeral de abastecemento de auga da avenida Rosalía de Castro na zona de Lamastelle (400.000 €) ou a instalación de alumeado público rúa Curros Enríquez (100.000 €), entre outras.