Friday 22 de November de 2024

O Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado unha charla sobre axudas e programas para mozos e mozas


Ao rematar a charla entregaranse os diplomas aos participantes no Programa de Voluntariado Xuvenil de Lousame 2015

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este sábado 5 de marzo, ás 12:30 horas, unha charla sobre axudas e programas para mozos e mozas. Unha charla dirixida á mocidade lousamiana na que un técnico da Rede Galega de Dinamización Xuvenil lles achegará información sobre os recursos á súa disposición: axudas, bolsas, programas de mobilidade, prácticas formativas en empresas, formación no extranxeiro, etc. A asistencia é totalmente libre e de balde.

Entre outros temas, os rapaces e rapazas de Lousame coñecerán o programa de Garantía Xuvenil, que inclúe actuacións de orientación laboral, de mellora da empregabilidade (programas formativos, programas de adquisición de experiencia e prácticas non laborais nas empresas), estímulos á contratación (incentivos á contratación, bonificacións das cotizacións á Seguridade Social para empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil…) e de fomento do emprendemento (cooperativismo, autónomos..).

Así mesmo, na charla falarase do programa de mobilidade transnacional Galeuropa (de axudas para a realización de prácticas formativas no extranxeiro), do servizo de Voluntariado Xuvenil e do Programa Iniciativa Xove. Como clausura da xornada, a alcadesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, entregarán os diplomas aos participantes no programa de voluntariado xuvenil de Lousame 2015.