— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que antes da pandemia
— Con cargo a estas axudas pode sufragarse o custo do menú, a vixilancia e coidado do alumnado, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval
Un total de 147 asociacións de nais e pais de centros públicos recibirán as axudas da Xunta de Galicia para cofinanciar os servizos de comedor escolar xestionados por estas entidades, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia.
O importe total adxudicado é de 1,6M€ e as axudas para cada unha das entidades oscilan entre os 622,66€ e os 271.597,12€ en función do número de comensais dos comedores do que se fan cargo, sendo as máis cuantiosas para as federacións de anpas, en concreto para as das cidades de Vigo e Pontevedra.
O Goberno galego reforzou nos últimos anos a partida achegada ás anpas por este concepto, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que se destinaba a esta liña de axudas antes da pandemia.
O importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.
Apoio ás familias
Estas axudas enmárcanse dentro da liña de apoio ao servizo de comedor escolar, comedores que xestiona a Xunta de Galicia e os concellos, que tamén cofinancia a Consellería de Educación. Forma parte, ademais, das distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias máis de 100M.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.