Friday 17 de January de 2025

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos seus teléfonos móbiles


O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña

O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da Coruña, o seu programa de envellecemento activo. E farao impulsando novas propostas para favorecer que a xente maior do municipio saia da casa, se relacione, e aprenda cousas que, neste caso, estarán vencelladas ao uso das TIC.

Segunda a resolución provisional, que recolle hoxe o Boletín oficial da provincia, Neda disporá dunha axuda provincial de 7.000 euros, no marco da convocatoria para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada en municipios de menos de 5.000 habitantes. Unha subvención coa que porá en marcha ao longo do 2025 un ciclo de obradoiros sobre o uso dos actuais teléfonos móbiles por parte dos veciños e das veciñas máis veteranas. Trátase pois de formalos en competencias dixitais como forma de mellorar a súa calidade de vida.
Así, ao longo do ano programaranse varios cursos, cun máximo de 15 alumnos por entrega, para achegar ás persoas maiores de 60 anos para ofrecerlles información práctica sobre a utilización dos móbiles e como sacar partido ás aplicacións máis útiles para a vida diaria, que teñen á súa disposición a través dos teléfonos.

O programa busca contribuír á acabar coa fenda dixital existente, favorecendo unha maior autonomía da poboación maior e contribuíndo a que estea menos illada.

Deja un comentario