Saturday 16 de November de 2024

Os zumbeiros de Ordes agardan xa pola II Master Class


O día de onte rematou cunha mensaxe clara para o alcalde de Ordes e o seu equipo de concelleiros: “Hai que organizar a II Master Class de Zumba”. Así llelo manifestaron os máis de 200 participantes que encheron o pavillón Castelao I para formar parte da primeira cita deste tipo que se daba no municipio. A monitora Noelia Moledo e o Concello de Ordes foron os organizadores deste evento que superou as tres horas de duración. A cita tamén tiña un marcado carácter solidario, chegando a recadarse máis de 1.300 euros para a xunta local da Asociación Española contra o Cancro, e superando os 500 quilos de alimentos para Cáritas Ordes. Unha vez máis o comercio local e diversas firmas do sector implicáronse para facer desta convocatoria un verdadeiro éxito na que tamén houbo sorteo de agasallos.