O Obispado está a facer caso omiso aos requerimentos do Concello de Oleiros para a inmediata demolición dun muro con serio risco de derrubamento sobre a beirarrúa na rúa Dolores Ibárruri, en Santa Cruz. Por precaución, o Concello valou a zona, impedindo o tránsito de peóns e invalidando numerosas prazas de aparcamento.
“Existe un perigo serio para calquera persoa que pase por alí. Non se pode tolerar esta situación durante máis tempo. Se o Obispado non actúa de inmediato, teremos que facelo nós e cargarlles todos os custos”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.