Friday 17 de January de 2025

O alumnado do IES de Ponte Carreira participa no obradoiro “Violencia de xénero e novo contexto dixital”


O alumnado de ESO do IES de Ponte Carreira participou esta mañá no obradoiro “Violencia de xénero e novo contexto dixital”, centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden na actualidade derivadas do contexto dixital: ciberviolencia, grooming, sextorsión… Unha actividade organizada polo Concello de Frades, en colaboración co IES de Ponte Carreira, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fegamp.

O concelleiro de Xuventude, Juan Carlos Portos Bra, asistiu á presentación deste taller, “que ten como obxectivo promover un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, dándolles a formación necesaria aos nosos rapaces e rapazas para que coñezan os riscos de contactar con persoas que non coñecen ou difundir determinadas fotos ou vídeos a través de Internet ou das Redes Sociais”.

Deja un comentario