A proposta supón unha mellora nos recursos humanos e un reforzo para a programación de actividades culturais na cidade
O Consello Reitor do IMCE reuniuse hoxe para debater sobre os orzamentos do organismo municipal para o presente ano. No Consello aprobouse a proposta do Goberno municipal de orzamentos para este 2025, que se incorporará á proposta de Orzamento municipal que se presentará antes de fin de mes.
A proposta saíu adiante cos votos a favor dos representantes do Goberno municipal, o voto en contra do BNG e a abstención do PP. O IMCE pasaría así de contar con 7,2 millóns de euros para o seu funcionamento a dispor de 8,6 millóns. “O Concello busca desta maneira reforzar os a programación cultural da Coruña coas dotacións adecuadas para ese fin”, indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Os novos orzamentos recollen unha mellora en recursos humanos que contempla cubrir os postos de dirección do Teatro Colón e do propio IMCE. Nos últimos días cubriuse tamén a praza de dirección do Centro Sociocultural Ágora. “Coido que este incremento orzamentario supón unha nova aposta do Goberno de Inés Rey por reforzar o tecido cultural desta cidade e por reforzar o carácter da Coruña como referente en programación cultural para todo o norte de España”, indicou Castro.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.