Friday 17 de January de 2025

A Policía Local de Carballo refórzase coa incorporación de sete novos axentes


Hoxe asinaron os seus contratos seis policías en prácticas que se incorporarán mañá á Academia Galega de Seguridade
David Nieto Seoane, Javier María Vidal Paredes, Héctor Juan Picado Outeiral, Adrián Casas Pernas, Aarón Pedroso Fernández e Juan Pazos Gonçalvez asinaron hoxe os seus contratos como axentes en prácticas tras superar o proceso selectivo realizado a través da Academia Galega de Seguridade Pública. Agora volverán ao centro da Estrada para continuar coa súa formación, que inclúe tres meses de prácticas previos á toma de posesión como funcionarios.

No acto de hoxe estiveron presentes a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro; o concelleiro de Policía, Juan Seoane; o xefe da Policía Local, Pedro Cancela, e o oficial José Luis Caamaño, que deron a benvida aos novos axentes.

A estes seis policías en prácticas súmase Andrés Nouche, que chega a Carballo procedente da Policía Local de Ordes e que xa se incorporou a semana pasada como funcionario.

Con estas sete incorporacións, o cadro de persoal da Policía Local de Carballo pasará a estar integrado por un total de 33 profesionais.

Deja un comentario