A Banda de Música de Ordes levou a cabo onte o primeiro dos actos programados para conmemorar o XXV aniversario da súa fundación. A discoteca LP45 rexistrou un cheo absoluto para desfrutar do concerto que os músicos locais ofreceron a carón do popular trío ‘Vaamonde, Lamas e Romero’. Un espectáculo mesturado con humor e retranca que despertou as risas de todas e todos os que ata alí se achegaron. Entre eles non faltaron os representantes do Goberno Local, co alcalde José Luis Martínez Sanjurjo á cabeza.